top of page

Agolada mellora a accesibilidade do seu auditorio grazas a unha achega da Xunta de 48.0000 euros

A obra foi posible grazas ás axudas para actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal


Ecos da Comarca/Agolada

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou onte o auditorio municipal Manuel Costa Casares, onde o concello de Agolada realizou unhas obras para mellorar a súa accesibilidade grazas a unha achega da Xunta de máis de 48.000 euros.

ree

A actuación, que consistiu na instalación de dous elevadores, un de acceso ao escenario e

outro para entrar ao propio auditorio, foi posible grazas á liña de axudas para actuacións

en materia de accesibilidade de competencia municipal, unha subvención coa que a

administración autonómica pretende fomentar e facilitar a accesibilidade dos espazos

públicos.


As obras levadas a cabo no concello de Agolada enmárcase na convocatoria do ano 2023

destas axudas. Desta mesma convocatoria beneficiáronse ata sete concellos da provincia

de Pontevedra por valor de preto de 330.000 euros.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O delegado territorial aproveitou a visita para lembrar “o compromiso da Xunta cunha

Galicia máis accesible a todas as persoas” e asegurou que a administración autonómica

seguirá traballando da man dos concellos para conseguir “unhas infraestruturas máis

amables e que teñan en conta as necesidades de todos os galegos e galegas”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page