top of page

Agolada e Sobrado, son dous dos concellos con maior porcentaxe de xente inmunizada contra a Covid

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Estes municipios rexistran uns valores do 90,29% e 86,54% respectivamente


Laura Moure/Agolada/Sobrado

Os concellos de Sobrado (A Coruña), Baleira (Lugo), Vilar de Barrio (Ourense) e Agolada (Pontevedra), son os que a día de hoxe teñen a maior porcentaxe de poboación diana inmunizada contra a Covid con pauta completa nas súas provincias. Así o informa a Consellería de Sanidade que detalla que estes muncipios teñen, respectivamente, 90,29%, 91,18%, 91,44% e 86,54% respectivamente da súa poboación diana inmunizada. Considérase poboación diana aquela que é susceptible de ser vacinada, e que no caso do coronavirus é a de 12 anos e maiores desa idade.


No referente as sete grandes cidades, as porcentaxes son as seguintes: A Coruña 78,01%; Lugo 80,33%, Ourense 80%; Pontevedra 77,41%; Vigo 75,60%; Santiago de Compostela 81,02%; e Ferrol 80,56%.


No global de Galicia, os dez concellos con maior porcentaxe de inmunizados na poboación diana son Vilar de Barrio cun 91,44%, Montederramo cun 91,42%, Baleira cun 91,18%, Abadín cun 90,77%; Larouco cun 90,30%, Sobrado cun 90,29%, Sarreaus cun 90,24%, Vilardevós cun 90,23%, Beade cun 90,03% e Navia de Suarna cun 89,81%.


Todos estes datos, correspóndese a persoas con tarxeta do Sergas.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page