top of page

Agolada celebra o 3 de decembro un Xantar de Nadal dos Maiores

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Será no pavillón municipal, está dirixido aos xubilados que residen no municipio e teñen que anotarse


Ecos da Comarca/Agolada

O Concello de Agolada xa traballa dende as últimas semanas na programación de Nadal. Como adianto, avanza que incluirá distintas actividades pensadas para grandes e pequenos. A primeira delas será un Xantar de Nadal dos Maiores. A cita celebrarase o vindeiro venres, día 3 de decembro.


“Consideramos que comezan agora unhas datas moi entrañables e queremos facer unha

programación que non deixe a ninguén fóra e por suposto, non podemos esquecer aos nosos maiores”, recalca o alcalde, Luis Calvo, quen lembra que durante a pandemia non se puideron facer as xuntanzas de maiores, como era habitual cada ano.


A cita será o día 3 dende ás 13:00 horas no pavillón municipal. Tras contactar este mesmo

venres coa Consellería de Sanidade, é posible realizar esta xuntanza, no que os asistentes

comerán en mesas que non superen os oito comensales, como establece as novas medidas de loita contra a Covid-19.


A comida correrá a cargo do Concello, polo que os asistentes non terán que abonar nada. Está dirixido aos xubilados e pensionistas que residan no municipio de Agolada e deberán presentar o certificado Covid. Os interesados deben anotarse previamente, ben na Casa do Concello ou chamando ao teléfono 637 092 846. O prazo remata o mércores, 1 de decembro, ás 14:00 horas.


A cita estará amenizada pola Tuna de Veteranos de la Coruña, que tamén actuou nas festas patronais deste ano e cuxo concerto tivo moi boa acollida.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page