top of page

Adxudican as obras de mellora no vial de Ligonde, en Monterroso, cun investimento de 170.000 euros

Laura Moure/Monterroso

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres dedicar medio millón de euros para continuar mellorando a mobilidade na provincia, tanto en estradas provinciais, como municipais. Así o anunciou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen detallou os acordos adoptados na reunión desta semana. E entre estas decisións figura a adxudicación dunha destas actuacións no municipio de Monterroso.

Foto de arquivo.

Así a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación de obras de mellora na estrada de Ligonde, en Monterroso, cun investimento de 170.000 euros. As tarefas na LU-P-3305 afectan ao treito que vai do quilómetro 5,3 ao 8,9, e contemplan a limpeza de laterais e obras de drenaxe, a pavimentación con aglomerado en quente e a sinalización mediante marcas viais reflexivas brancas.

O prazo de execución é tamén de 2 meses. Esta obra completa á que a Deputación executou recentemente no tramo anterior a este, entre os quilómetros 4 e 5,3 cun investimento de 83.000 euros.


NOTICIA RELACIONADAS:



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page