top of page

A Deputación de Lugo mellorará a estrada que conecta Sastrexas con Ligonde, en Monterroso

Ecos da Comarca/Monterroso

Foto de arquivo.

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación por 640.000 euros para a mellora dun conxunto de estradas provinciais. Así o detallou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón. En concreto, licítanse traballos para viais que discorren polos municipios de Baleira, Ribeira de Piquín, O Saviñao e Monterroso.

En concreto en Monterroso mellorarase a estrada provincial LU-P-3305, que conecta Sastrexas con Ligonde. As actuacións renovarán o firme entre o quilómetro 5,3 e 8,9 cun orzamento que supera os 180.000 euros. O prazo de execución é de dous meses. “Neste caso, esta tamén é unha obra que completa a executada recentemente no tramo anterior a este, entre os quilómetros 4 e 5,3 cun investimento de 83.000 euros”, detallou o Deputado.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page