Adrián Vázquez: “Seijas será unha alcaldesa que aproveitará os fondos para a mellora dos Pendellos”
- ecosdacomarca

- hace 13 minutos
- 2 min de lectura
O eurodeputado visitou este conxunto histórico-artístico do século XVIII de Agolada xunto á voceira municipal do PP e lamentou as “oportunidades perdidas” nas distintas liñas de axudas europeas
Ecos da Comarca/Agolada
O eurodeputado Adrián Vázquez vén de visitar o conxunto histórico-artístico dos Pendellos de Agolada e lamentou as “oportunidades perdidas” no eido dos programas europeos para a súa mellora definitiva, polo que apostou polo proxecto do PP local para a súa posta en valor: “Carmen Seijas será unha alcaldesa, se acada a maioría que todos agardamos o
próximo ano, que estará conectada con Europa para aproveitar as moitas liñas de fondos existentes que permitirán a mellora integral deste impresionante espazo”.

O parlamentario europeo, que percorreu este antiguo recinto con 250 anos de historia xunto á voceira municipal do PP para coñecer in situ a súa actual situación e potencial, enumerou as numerosas posibilidades financeiras que ten artellada a Unión Europea (UE) para espazos como Os Pendellos, entre as que se atopan os programas Feder, Feader e Leader -que son os que mellor encaixan para unha posible actuación neste caso, Europe Creative, Interreg, Horizon Europe e incluso o novidoso plan Marco Financeiro Plurianual (MFP) 2028-2034, que introduce cambios estruturais de gran calado que afectan directamente a fondos relevantes para os municipios como Agolada.
PUBLICIDADE
“É unha mágoa esta situación, porque cremos que é importante que se poña en valor de xeito definitivo un dos antigos mercados de gando máis importantes de Galicia polo valor que suporía para o patrimonio, a socieconomía, a cultura e o turismo”, significou Adrián Vázquez, que recalcou que, se a Comisión Europea aproba unha diminución dos fondos para o desenvolvemento rural, “vai ser clave para Agolada a postura española con respecto ao Plan Nacional e Rexional de Asociación e a prioridade que se outorgue no mesmo ao patrimonio etnográfico rural que representan, á perfección, os Pendellos”.
PUBLICIDADE
Pola súa banda, Carmen Seijas, que agradeceu a visita e o interese de Adrián Vázquez polo emblemático mercado agoladense, salientou que os Pendellos, conformados por uns 70 espazos, foron dando pasos importantes coa declaración oficial como Conxunto Histórico-Artístico e cunha posterior rehabilitación que rematou en 2008, pero cre que “chegou o momento de darlles un maior impulso”. “Fronte ao absoluto pasotismo actual, hai que actuar xa, aproveitando as oportunidades que nos brindan os fondos europeos, para melloralos a fondo, evitar o seu deterior e convertelos na gran imaxe de marca de Agolada no mundo”.








Comentarios