top of page

Adega fala de 10 propostas para reducir o impacto dos incendios que non poden agardar máis

Ecos da Comarca/Xeral

Perante a problemática recorrente dos lumes forestais, "agravados pola mudanza climática e o desleixo das administracións", ADEGA quere lembrar que "as solucións e propostas para amortecer o impacto dos incendios son sobradamente coñecidas, e pasan por unha combinación de mudanzas estruturais, accións concretas, e medidas transversais. Se non se teñen desenvolvido até o de agora non é por un déficit de coñecemento ou medios: é unicamente pola falla de vontade política!".

ree

10 propostas para reducir o impacto dos incendios

1. Unha nova política forestal adatada ao cambio climático que promova a multifuncionalidade do monte e protexa as súas funcións ecosistémicas e sociais.

2. Un ordenamento territorial que evite o despoboamento, a perda de usos tradicionais e a forestación de terras agrarias.

3. Unha moratoria indefinida para novas plantacións de eucalipto.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

4. Programas de redución progresiva do eucalipto e outras especies invasoras nos montes, e eliminación das plantacións ilegais.

5. Alongamento das franxas de separación das plantacións forestais con cultivos, cursos de auga, zonas habitadas e vías de comunicación.

6. Promoción do pastoreo e a gandería extensiva como elementos naturais de roza e prevención de incendios.

7. Potenciar a mobilidade das terras abandonadas a través do Banco de Terras e reforzar do papel das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.

8. Unha xestión pública e democrática dos montes con criterios conservacionistas e de interese social.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

9. Un único servizo público, profesional e adecuadamente formado de prevención e extinción de incendios que desenvolva o seu labor todo o ano.

10. Máis educación ambiental e voluntariado activo para promover valores e desenvolver accións a favor do ambiente no propio medio.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page