top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Adega acusa a Altri "de ocultar información sobre o impacto da súa factoría na Rede Naturia e sobre endemismos en perigo"

Ecos da Comarca/Palas de Rei

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) sinala que o proxecto da celulosa ALTRI na Ulloa "obvia que vai ocupar un territorio proposto pola Xunta para integrar a Rede Natura 2000 e que contén endemismos galegos en perigo de extinción. No trámite de exposición pública para a concesión de augas (captación e vertido) da fatoría que a pasteira ALTRI pretende instalar en Palas de Rei, hai interesante información sobre os "non impactos" desta macrocelulosa".


De entrada, apunta, "chama a atención que pretendan instalar todo un polígono industrial xusto a carón (a cero metros) dun espazo protexido (ZEC Serra do Careón) con hábitats prioritarios e consideren que o seu impacto sexa "compatible". A seguir, en ningunha parte do EIA (Estudo de Impacto Ambiental) menciónase o feito de que os terreos a ocupar polas infraestruturas de ALTRI fan parte da proposta de ampliación da Rede Natura 2000 galega, presentada pola Xunta tanto en 2008 como en 2011."

Esta ampliación sinala "respostaba á necesidade expresada pola propia Comisión Europea, de ampliar a representación de determinados hábitats no Estado Español, e particularmente en Galiza. A renuncia da Xunta a ampliar os espazos protexidos baixo esta figura provocou a apertura dun procedemento de infracción por parte da CE. Sería paradoxal que os fondos europeos que reclama ALTRI para construir a súa fatoría serviran para coartar a ampliación da RN2000 e degradar un espazo para o que a propia CE reclamou protección".


Publicidade

Recacalca que "un dos impactos máis significativos da macro-celulosa de ALTRI deriva de ubicarse nun territorio de singular rareza xeolóxica e botánica: o complexo de rochas ultramáficas do Careón. Asociadas a estas rochas aparecen especies vexetais únicas: plantas endémicas cuxa área de distribución mundial limítase a uns poucos km2 nos que afloran estas rochas serpentiníticas. En concreto, estes raros endemismos botánicos afectados polo proxecto son os seguintes:


Publicidade

-A santolina de Melide (Santolina melidensis) (Rodr. Oubiña & S. Ortíz) Rodr. Oubiña & S. Ortiz.

-A herba de namorar de Merino (Armeria merinoi) (Bernis) Nieto Fel. & Silva Pando.

-A magarza de Barazón (Leucanthemum gallaecicum) Rodr. Oubiña & S. Ortiz.


Estas tres especies están catalogadas como "En perigo de extinción", e a elas hai que engardir tamén a Centaurea gallaecica (M. Laínz) Arnelas & Devesa, considerada como "Vulnerábel" no Catálogo galego de especies ameazadas".


Publicidade

"Na documentación do proxecto, ALTRI ocultou a presenza destas especies dentro das fincas ocupadas pola celulosa e noutros casos alterou a súa ubicación, malia a existiren citas recentes que certifican a presenza destes raros endemismos botánicos neses terreos. Este tipo de "esquecementos" non son casuais cando se trata de vender as bondades dun proxecto (celulosa, eólica, mina...) a unha administración que xa o declarou "de interese estratéxico" en decembro de 2022, e para a que o noso patrimonio natural non é máis que outro molesto atranco", resalta Adega.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page