Actos vandálicos no pavillón municipal César G.Gares de Silleda
- ecosdacomarca

- hace 10 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O Concello de Silleda informa de que na noite do luns ao martes se rexistraron actos vandálicos no pavillón municipal Pavillón César G. Gares, onde se produciron danos de consideración nunha cristaleira, que foi rota dunha patada, así como na porta de acceso, que foi obxecto dun intento de forzado.

Publicidade
Nada máis coñecerse os feitos, desprazouse ata o lugar a Policía Local, que realizou as primeiras comprobacións e mantén aberta unha investigación para esclarecer a autoría destes actos.
Publicidade
Desde o Concello indicaron que na tarde de onte estaba previsto reparar os danos, co obxectivo de restablecer canto antes a normalidade no uso destas instalacións deportivas municipais. Dende o goberno municipal lamentase o sucedido e condenase este tipo de
comportamentos, sinalando que se trata duns feitos totalmente inxustificables que causan un prexuízo directo á veciñanza e ao uso de instalacións públicas que son de todas e todos.








Comentarios