top of page

Activo o incendio forestal de Dozón que afecta a unhas 100 hectáreas

Ecos da Comarca/Dozón

Un lume forestal afecta dende este martes o Castro, en Dozón. Segundo os últimos datos proporcionados pola Consellería de Medio Rural, ás 20 horas, a superficie afectada estimada xa é de 100 hectáreas.

O incendio do Castro, Dozón. Autor: Ecos da Comarca.
O incendio do Castro, Dozón. Autor: Ecos da Comarca.

Está activo dende as 14:32 horas. Neste lume decretouse a Situación 2 como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo de poboación do Castro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Para a súa extinción mobilizáronse ata o momento 3 técnicos, 11 brigadas, 15 motobombas, 1 pala, 3 helicópteros e 2 avións. Cabe mencionar que tal e como nos indicaron veciños que eles mesmos tiveron que botar mar de tractores con cisternas para apagar o lume nas eiras das súas casas, porque sinalan que o lume se propagou moi rapidamente. Tamén se desprazaron efectivos doutras provincias, como foron o caso dos Bombeiros do Parque Provincial de Arzúa.

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, supervisou o operativo de loita contra o lume en Dozón, en coordinación co alcalde e cos servizos da Xunta de Galicia e a Garda Civil. Como medida de seguridade, permanecen cortadas a N-525 e a AG-53 ao seu paso polo concello. Ademais, segundo informou Adif, están interrompidas todas as vías ferroviarias de mercadorías e viaxeiros que conectan Ourense con Pontevedra.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Sobre ás 21 horas o Concello de Dozón informou que seguía o nivel 2 de alerta polo incendio declarado na contorna do Castro e os efectivos de extinción seguen a traballar arreo para controlar o lume, que está a avanzar en dirección leste por mor do vento.

"Por mor do lume, a contorna do Castro non ten actualmente subministro eléctrico, sen que polo momento sexa posible avanzar unha previsión concreta sobre a restitución do servizo.

O operativo de extinción está a ser coordinado desde o CECOP ubicado no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra e tanto o Posto de Recepción de Medios (PRM) como o Posto de Mando Avanzado (PMA) están ubicados no polígono industrial de Dozón. Ademais de mobilizar os operarios municipais e o grupo de Protección Civil, desde o Concello de Dozón facilitouse o acceso das motobombas aos depósitos ubicados no polígono industrial, con máis de 800.000 litros de agua almacenados, para axilizar as tarefas de carga", destaca o ente local.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page