top of page

Activado o protocolo ante a posible chegada de partículas en suspensión procedentes de África

A calidade do aire pode empeorar na xornada deste xoves en determinadas zonas da provincia de Lugo e de Ourense

Ecos da Comarca/Xeral

A Xunta de Galicia vén de activar un protocolo de actuación ante os prognósticos dunha intrusión de masas de aire africano que incrementarían as concentracións de partículas PM10 e PM2.5 no territorio galego. De acordo cos modelos preditivos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, isto pode provocar que en determinadas zonas de Galicia (sobre todo na provincia de Ourense e Lugo) a calidade do aire empeore, polo aumento das concentracións de partículas en suspensión, podendo producir efectos adversos na saúde humana.

Fonte: Meteogalicia.
Fonte: Meteogalicia.

Por este motivo, e para reducir o seu posible impacto na saúde, a Dirección Xeral de Saúde Pública recomenda, ata que este episodio finalice e, sobre todo, no caso da poboación sensible, limitar as actividades ao aire libre, como o exercicio intenso, pechar as portas e fiestras para evitar a entrada de po nos domicilios e usar máscaras e/ou gafas en exteriores.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A poboación que pode verse máis afectada pola mala calidade do aire, debido á elevación das partículas en suspensión, son as persoas con enfermidades pulmonares ou cardiocirculatorias, principalmente asma ou EPOC, os anciáns, nenos e embarazadas.

O tamaño das partículas (PM), determina o risco do po para a saúde. Destas partículas, as que poden causar efectos nocivos na poboación, son as PM10 de 10 micras ou menores, que producen síntomas como irritación nos ollos, nariz, boca e gorxa. As menores de 2,5 micras (PM2,5), ademais, teñen a capacidade de introducirse nos pulmóns e no torrente sanguíneo, producindo sobre todo, unha diminución da capacidade respiratoria o que provoca problemas respiratorios e agravamento das patoloxías crónicas, como o asma ou a EPOC.


Segundo o Índice de Calidade do Aire (ICA) establécense diferentes categorías de calidade do aire: boa, favorable, regular, mala, moi mala e pésima. A partir dunha calidade de aire regular pode existir un risco moderado para os grupos máis susceptibles, mentres que se deben tomar certas precaucións na poboación xeral a partir dunha calidade do aire mala.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Desde este mércores activouse o protocolo de actuación ante estes incidentes atmosféricos no que varios departamentos da Xunta de Galicia están en permanente coordinación.


A situación actual e a localización dentro da xeografía galega do nivel e tamaño destas partículas así como a predición da posible chegada nos próximos días pódese consultar na páxina web de Meteogalicia https://www.meteogalicia.gal/web/ica/portada




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page