top of page

Activada a alerta hidrolóxica pola vertedura da presa de Portodemouros

Ecos da Comarca/Xeral

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou unha alerta hidrolóxica tras o inicio do vertido de auga na presa de Portodemouros, segundo informou Naturgy que daría comezo ás 02:15 horas deste luns.

Fonte: Anxo Oro.
Fonte: Anxo Oro.

A vertedura suporá un incremento do caudal do río augas abaixo da presa, polo que non se descartan enchentes en zonas próximas ao leito fluvial.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ante esta situación, a Xunta de Galicia mantén activado o Plan Especial ante o Risco de Inundacións en Galicia (Inungal) en fase de preemerxencia, como medida preventiva fronte a posibles crecidas.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Desde Emerxencias lembran ás administracións e servizos implicados que deben adoptar as medidas preventivas necesarias, así como alertar ou mobilizar os medios e recursos dispoñibles no caso de que a situación o requira.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Para obter información máis detallada e actualizada, recoméndase consultar as páxinas web dos organismos de conca e do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page