top of page

ACentral Folque presenta dúas novidades editoriais o 13 de novembro en Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

ACentral Folque presenta en Lalín dúas novas publicacións dentro do seu catálogo

editorial 2025:

• arte menor, de Susana Sanches Arins

• Tocadoras do Val do Dubra, de Carlos Rey, David Fontán e Lucía Santiago,

con transcricións musicais de Benxamín Otero

ree

O acto será o xoves, 13 de novembro, ás 20:30 horas no Círculo de Recreo - Casino de Lalín. Contará coa participación de Celso F. Sanmartín, Susana Sanches Arins e

Benxamín Otero, nunha conversa aberta sobre os procesos de investigación,

recuperación e creación arredor da memoria sonora e da tradición popular galega.

Tocadoras do Val do Dubra é un ensaio que rescata o legado das tocadoras deste val

coruñés, recuperando gravacións históricas de grande valor patrimonial que

permanecían inéditas até hoxe.


Pola súa banda, arte menor é un poemario que recolle a aventura de sete mulleres d’O

Lugar que deciden asistir a aulas de pandeireta e canto tradicionais. Un libro que

reivindica o traballo comunitario e a forza das mulleres do rural, dunha tradición viva e

en transformación, que amarra e retece os fíos da memoria colectiva.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A presentación desenvolverase como un encontro entre palabra e música: un diálogo

entre a poesía escrita para ser lida e a poesía popular pensada para ser cantada e

escoitada.


Cantos, contos, recitados e música ao vivo acompañarán unha conversa que convida a

reflexionar sobre o papel das mulleres na tradición popular e sobre a continuidade

das voces que constrúen o noso patrimonio inmaterial.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page