Hoxe, luns, o parque de Bombeiros de Arzúa volve estar pechado, quedando sen este servizo nove concellos
Ecos da Comarca/O Pino
Onte, domingo, rexistrouse un accidente de tráfico no Pino. O 112 Galicia foi alertado ás 19:58 horas. Saldouse sen feridos.

Tal e como informan os Bombeiros Provinciais de Arzúa, que foron mobilizados polo 112, o suceso ocorreu na A-54 á altura do concello do Pino. Só se viu afectado un vehículo e saldouse sen feridos.
Publicidade
Cabe mencionar que hoxe, luns, o parque de Bombeiros de Arzúa volve estar pechado. Isto significa que todos os concellos das comarcas de Arzúa e Terra de Melide así como o municipio de Vilasantar, nove en total, quedan sen este servizo.
Comentários