Accidente mortal no concello de Melide
Tivo lugar sobre a 1:00 horas desta noite, na AC-840 no Km48
Ecos da Comarca/Melide
O accidente tivo lugar sobre a unha desta noite, na AC-840, punto quilométrico 48, en San Cibrao, no municipio coruñés de Melide.
A chamada dunha persoa particular, que indicou que se atopara cun coche no medio da estrada, bastou para que os xestores do 112 pasaran o aviso inmediato aos servizos de emerxencias.
Así, foron informados o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de tráfico, a Policía Local, os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e os Bombeiros de Arzúa.
Unha vez no punto, os servizos sanitarios confirmaron o falecemento do condutor e único ocupante da furgoneta que se atopaba envorcada. A vítima, veciño de Melide, tiña 37 anos.
