top of page

Accidente entre un tractor e un turismo en Ferreiros, no Pino

Ecos da Comarca/O Pino

Uns minutos antes das 14:30 horas deste sábado rexistrouse un accidente na parroquia de Ferreiros, no municipio do Pino. Tal e como indica o 112 Galicia, que foi informado por Urxencias Sanitarias de Galicia, no mesmo víronse involucrados un turismo e un tractor.

Foto de arquivo.

O suceso tivo lugar na parroquia de Ferreiros, na estrada que vai de Ramil a Ferreiros, á altura de San Mamede, na N-547, puntualiza o 112. "Indicáronos que unha das persoas implicadas no accidente tiña dor no peito", sinala.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Tras recibir o aviso, o 112 pasou alerta á Garda Civil de Tráfico e informou aos Bombeiros de Arzúa.


 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page