Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O GTR Galaico Trail Run xa iniciou a apertura da súa proba trail da Carixa (Vila de Cruces) con moitas novidades, que será o 12 de setembro ás 10:00 horas. Contarán con probas para os máis pequenos e tamén cunha proba de relevos que amosará a parella máis rápida do circuíto, na cal un dos corredores fará a primeira parte cuns oito/nove quilómetros moi rápidos e a segunda parte máis dura e con máis desnivel que contará cuns 11 quilómetros. O Pequetrail da Carixa terá lugar o 11 de setembro ás 11:00 horas.
O evento estará formado por unha proba trail individual de 20 quilómetros, trail por relevos de 9 + 11 quilómetros trail cadete de nove quilómetros, andaina de nove quilómetros e Pequetrail de 0.5 a tres quilómetros; rexidas polo seguinte regulamento:
As carreiras Trail e andaina celebraranse o día 12 de setembro de 2021 con saída e chegada dende a praia fluvial de A Carixa, no Concello de Vila de Cruces.
Ás catro probas terán a saída as 10:00 horas; sobre un percorrido aproximado de 20 quilómetros para o Trail individual e por relevos con un desnivel positivo de 1.100 metros e nove quilómetros para o Trail Cadete e andaina con un desnivel positivo de 460 metros.
A carreira Trail individual sobre un percorrido de 20 quilómetros poderase facer baixo a modalidade de relevos, en equipos de dúas persoas os cales poderán ser mixtos.
A recollida de dorsais para ambas probas poderá realizarase o mesmo día na zona de saída e meta entre as 8:00 e as 9:30 horas. Para a retirada de dorsais será obrigatorio presentar o DNI ou pasaporte, podendo retirarse por unha persoa distinta ó destinatario, facéndose esta responsable, eximindo de toda responsabilidade á organización.
Os interesados poden xa inscribirse a través da seguinte páxina www.cronotec.es
Comments