top of page

Abre en Antas de Ulla unha nova casa do maior

‘Caudal do Ulla’ conta con cinco prazas para maiores de 60 anos con dependencia en grao I


Laura Moure/Antas de Ulla

A localidade de Antas de Ulla conta desde este mes de xaneiro cunha nova Casa do Maior, que leva por nome Caudal do Ulla. Este novo proxecto está emprazado na Rúa Chantada, nº16, fronte á Praza Nova. Comparte espazo coa Casa do Maior Antas de Ulla (a primeira en abrir no municipio), e conta cunhas instalacións completamente novas e adaptadas para os novos usuarios e usuarias.

A súa promotora, María Corbella Fernández, explica que a nova Casa do Maior ‘Caudal do Ulla’ dispón de cinco prazas, que poden ser solicitadas polas persoas interesadas no servizo, sempre que sexan maiores de 60 anos e coa dependencia recoñecida en grao I.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

As instalacións contan con zona de estar, zona de xogos, comedor, cocina e baños. Os usuarios e usuarias contarán con servizo de transporte (gratuíto), servizo de comida (opcional baixo pagamento) e diferentes actividades, xogos e terapias.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Que son as Casas do Maior?

As Casas do Maior son pequenos centros de día que permiten que os municipios poidan

ofrecer terapias e actividades aos maiores dentro de súa contorna. Este novo proxecto está

financiado pola Xunta de Galicia.


O horario de atención será de 10:00 a 18:00 horas, de luns a venres, aínda que se pode

modificar atendendo a demanda dos usuarios e usuarias.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

As persoas interesadas en acudir á Casa do Maior ou en obter máis información poden chamar ao número 693 62 32 95.


Trátase, segundo explica a súa responsable, “dun servizo personalizado e moi necesario para o coidado dos nosos maiores”.

Komentáře


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page