top of page

Aberto o tramo da A-54 entre Melide e Palas e o ministro adianta que se abrirá o último este ano en dúas fases

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

No tramo inaugurado hoxe investiron máis de 100 millóns de euros e conta con seis viadutos, destacando o do río Pambre, o máis longo da provincia de Lugo


Laura Moure/Palas/Melide

Este luns 3 de febreiro de 2025 quedará marcado na historia das comarcas xa que despois de anos, inaugurouse o tramo da autovía A-54 entre Melide e Palas de Rei. Este novo tramo de 11,7 km, no que se investiron máis de 100 millóns de euros, conta con seis viadutos, destacando o do río Pambre, o máis longo da provincia de Lugo. A A-54 permitirá conectar Lugo e Santiago en 50 minutos, mellorando a seguridade viaria e impulsando a mobilidade sostible, cun respecto ambiental notable, especialmente na Serra do Careón. Ademais, implantáronse medidas para mellorar a circulación en Melide ata a finalización do último tramo cara Arzúa

Autor: Ecos da Comarca.
Autor: Ecos da Comarca.

O ministro de Transportes, Óscar Puente, foi o encargado do acto de inauguración, que comezou escasos minutos antes das 10:00 horas. Á cita acudiron distintas autoridades como a conselleira de Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue; os presidentes das Deputacións de Lugo, José Tomé Roca; e da Coruña, Valentín González Formoso; os alcaldes de Palas, Pablo Taboada; o de Melide, José Manuel Pérez e o de Santiso, Manuel Adán, entre outras personalidades, como o delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco, ou a sublegada do goberno na Coruña, María Rivas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Este tramo conta con seis novos viadutos, cinco deles sobre os leitos dos ríos Pambre (977 m), Furelos (312 m), Seco (310 m), Rego do Vilar (99 m) e San Xúlian (38 m); o sexto está en “Serra do Careón” (50 m). Ademais, entre Palas e Melide construíronse sete pasos superiores e catro inferiores, adaptados para o paso da fauna. 

No que ten que ver co viaduto sobre o río Pambre, próximo ao Camiño Francés, destaca a súa singularidade estrutural e construtiva, contando con 15 vanos con pila única para ambas calzadas de autovía e un vano principal de 87 metros de lonxitude. Unha distinción que pretende minimizar o seu impacto visual e o efecto barrera do terraplén que separaría as poboacións de Sambreixo e Andemil, en Palas de Rei.


O acto de inauguración tivo lugar no viaduto de Pambre. O Ministro destacou os 100 millóns de euros invertidos neste tramo e falou da intención de abrir o último tramo, Melide/Arzúa, neste mesmo ano. En concreto, mencionou que se abrirá unha parte do traxecto no verán e a restante a finais de ano. Despois do acto de inauguración, que rematou sobre as 10:30 horas, houbo que agardar unhas tres horas para que se abrise oficialmente ao tráfico.

Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Autor: Ecos da Comarca.
Autor: Ecos da Comarca.

Cabe mencionar que durante o acto de inauguración, escoitáronse os berros de rexeitamento contra Altri. Varias persoas con pancartas en distintos puntos quixeron mostrar, unha vez máis, que este proxecto afectaría á vida da veciñanza. (Nos vindeiros días publicaremos vídeo coas súas declaracións).



0 comentarios

ความคิดเห็น


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page