Melide acolle a presentación do proxecto “Soidade non desexada en persoas maiores”
- Laura Moure
- hace 7 horas
- 1 Min. de lectura
Está liderado polo investigador e veciño de Melide, o Dr. Santiago Prado Conde
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide acolleu onte a presentación do proxecto “Soidade non desexada en persoas maiores”. A iniciativa, liderada polo investigador e veciño de Melide, o Dr. Santiago Prado Conde, inclúe ferramentas de detección e protocolos de intervención social no ámbito da soidade non desexada.

A presentación do proxecto foi posible gracias a un convenio de colaboración asinado entre a Universidad Internacional de La Rioja e o Concello de Melide para promover accións divulgativas neste senso. O proxecto está integramente financiado polo Vicerrectorado de Transferencia de dita universidade. Neste proxecto participan as investigadoras Iria Vázquez e Carmen Verde da Universidade de Vigo e Marta Caballero e Santiago Prado Conde da Universidad Internacional de La Rioja.
Publicidade
O plan encádrase nos concellos de Melide e Vigo e ten como obxectivo deseñar dunha estratexia integral de detección e intervención social da soidade non desexada en persoas
maiores desde os Servizos Sociais Comunitarios en contextos rurais e urbanos de Galicia.
O Dr. Prado Conde fixo unha presentación dos eixos fundamentais do proxecto, os produtos resultantes e, sobre todo, na necesidade de contar con ferramentas claras para
poder xerar o diagnóstico social, fundamental para a intervención social, e protocolos integrais de actuación.
Publicidade
A concelleira de política social, Carmen Liñeira, agradeceu que se contase co concello de
Melide como pioneiro para o desenrolo dun proxecto de gran envergadura.
Comentarios