top of page

Aberto o prazo en Agolada para solicitar permiso para as fogueiras de San Xoán


Rematará o día 20


Laura Moure/Agolada

O Concello de Agolada ten aberto o prazo para solicitar permiso para facer fogueiras de San Xoán. Haberá de prazo ata o día 20 incluído.


O lugar da ubicación da fogueira non suporá risco para persoas nin bens e deberá estar aloxada de edificacións. As dimensións máximas serán de tres metros de alto e catro de ancho e de fondo.

Será obrigatorio dispoñer previamente dun entorno limpo de calquera elemento nun perímetro de cinco metros no entorno da fogueira. Deberá contar dende o seu inicio e ate o remate coa presenza dalgún medio de extinción propio próximo e listo para ser activado de xeito urxente en caso necesario: mangueiras con conexión a subministro de auga, cubas de tractor con auga, area e pas...


Así mesmo, deberase extremar as precaucións en caso de vento e o solicitante do permiso deberá atender calquera comunicación dende a Administración debendo estar localizable na data da fogueira a través do número de teléfono aportado na solicitude.


Ao remate da cacharela, que deberá ser en todo caso antes das 6:00 horas, o demandante non poderá abandonar o lugar da celebración da mesma ata estar completamente sufocado o lume e as brasas, asegurándose de que non queden rescoldos nin restos de brasas subterráneos que afecten ou poidan supoñer o reinicio do lume.

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Pola súa banda, as zonas públicas onde se celebren ditas fogueiras deberán quedar en perfecto estado de limpeza nun prazo non superior ás 24 horas dende o remate da celebración. Está totalmente prohibido arroxar ao lume obxectos ou materiais inflamables ou os seus contedores (sprais, gasolinas, disolventes ou similares).

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os interesados poden presentar a solicitude no Consistorio de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas ou pola sede electrónica do Concello a través dunha instancia xeral (https://agolada.sedelectronica.gal/ ).

 
 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page