top of page
Perruquería Marisa.gif

Aberto o prazo de solicitudes para participar no programa Depotermal 2022

Os veciños de Silleda interesados poderán tramitar a petición no departamento de Benestar Social ata o vindeiro día 3 de maio


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda participa un ano máis no programa Depotermal da Deputación de Pontevedra, una iniciativa da que poden beneficiarse as persoas empadroadas na provincia participando nas distintas modalidades do programa. O prazo de solicitudes está aberto ata o vindeiro día 3 de maio. Todas aquelas persoas interesadas poden recibir máis información no departamento de Benestar Social (986 592 037), onde tamén se tramitarán

as solicitudes.

Depotermal ten por obxectivo fomentar o envellecemento activo da poboación e mellorar a calidade de vida das persoas establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias. Ofértanse prazas en balnearios, incluíndo a modalidade de diúrno (con asistencia diaria durante 5 días consecutivos) como na de pernoita.


A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, leva a cabo o plan “Depotermal” que ten como finalidade facilitarlles Depotermal 2022 comprende dous programas cun total de 4.434 prazas: un programa termal de asistencia diaria, con acceso a balnearios, talasos ou spa durante cinco mañás ou tardes consecutivas, e outro programa termal con penoita, en réxime de pensión completa de

domingo a venres.

O lugar de presentación das solicitudes é nas oficinas de Benestar Social de Silleda de Silleda (Rúa Chousa Nova nº 67). Tamén se pode recibir información chamando ao 986 592 037. O programa está dirixido a persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do plan e que cumpran algún dos seguintes requisitos:

  • Nacer antes do 1 de xaneiro de 1972 (acreditarase cunha fotocopia do DNI ou do NIE).

  • No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1972 ou nunha data posterior ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións (achegarase unha fotocopia do certificado correspondente.

  • No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1972 ou nunha data posterior, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, que se acreditará coa tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.

  • Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.

  • Poder valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria.

  • No caso de persoas con discapacidade, non ter recoñecida a necesidade de asistencia dunha terceira persoa.

  • No caso de persoas que desexen participar no plan de forma conxunta é preciso que as dúas cumpran os requisitos esixidos.

  • Ademais, poderán participar aquelas persoas que, aínda que non cumpran os requisitos, precisen dun respiro familiar, o que se acreditará mediante un informe da traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos.

75 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page