A área recreativa da Carixa, en Vila de Cruces, estrea hoxe a tempada de verán
- ecosdacomarca

- hace 29 minutos
- 1 min de lectura
Realizáronse reparacións nas piscinas e no peche perimetral de madeira, ademais doutras tarefas xerais de mantemento
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
A área recreativa da Carixa, en Vila de Cruces, xa está preparada para comezar a tempada de verán e abrirá ao público este sábado, 20 de xuño. O Concello realizou obras de reparación nas piscinas, pintando o vaso da piscina grande e substituíndo algunha baldosa; o arranxo do peche perimetral de madeira, danado polos temporais do inverno; e tarefas xerais de mantemento para poñer a punto a zona de recreo para o desfrute da veciñanza e de todas aquelas persoas que se queiran achegar a este espazo público da parroquia de Merza.

PUBLICIDADE
A Carixa é un enclave único que se atopa nun emprazamento privilexiado ás beiras do
río Deza. Cun aforo de 400 persoas en aproximadamente 9.000 metros cadrados en
cada marxe do río, a área recreativa da Carixa dispón dunha zona de baño con dúas
piscinas, mesas e bancos de madeira e de pedra, asadores, aseos, parque infantil,
parque biosaudable, dous chiringuitos, zona axardinada e paseo, converténdose nunha
área autosuficiente enerxeticamente ao estar equipada con placas solares.
PUBLICIDADE
A praia fluvial congrega nesta época a numerosos bañistas xa que, ademais do río
Deza, conta con dúas piscinas, unha grande para adultos, e outra para os máis
pequenos de As piscinas énchense de auga do río cada dous días, para garantir a
calidade das augas, eliminando posibles sedimentos ao seren piscinas naturais sen
cloro.








Comentarios