top of page

A Xunta salienta as boas prácticas do instituto IES Laxeiro de Lalín no eido da internacionalización educativa

Ecos da Comarca/Lalín

A Xunta de Galicia destaca o Instituto IES Laxeiro como un exemplo das boas prácticas no eido da internacionalización educativa en colaboración con outros países. Así o puxo de manifesto este luns a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, que se achegou a este centro para coñecer de primeira man os distintos proxectos que teñen en marcha.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

De feito, o IES Laxeiro conta coa acreditación Erasmus+ desde o ano 2021 e tamén obtivo distintivo eTwinning School durante dúas convocatorias consecutivas, selos de calidade que avalan o traballo do centro que, ademais da internacionalización, fai especial fincapé en accións de atención á diversidade e á igualdade do seu alumnado.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Na súa visita, a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa agradeceu a implicación tanto de profesorado como do alumnado na posta en marcha dos distintos programas educativos que, segundo recalcou, “teñen unha repercusión positiva no día a día nas aulas”.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page