top of page

A Xunta reforza o dispositivo para a salvagarda dos espazos naturais ante os incendios forestais

Rueda detalla o paquete de axudas da Xunta que se aprobará a semana que vén para os afectados


Ecos da Comarca/Xeral

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático está a reforzar o sistema de protección e salvagarda dos espazos naturais protexidos afectados polos incendios forestais.


Nese senso, están declaradas obras de emerxencia no Parque Natural do Invernadeiro, onde se están a empregar dúas máquinas pesadas para mellorar os cortalumes perimetrais. Tanto nese espazo protexido como no da Serra da Enciña da Lastra tamén se están a desenvolver actuacións de ataque manual a frontes de lume para aumentar a salvagarda ante os incendios.

Un coche dun axente medioambiental o sábado no lume da zona do Meire (Melide). Autor: Ecos da Comarca.
Un coche dun axente medioambiental o sábado no lume da zona do Meire (Melide). Autor: Ecos da Comarca.

Na provincia de Lugo tamén se vai declarar a emerxencia para os traballos de palas retroexcavadoras para a mellora dunha pista co obxectivo de garantir o acceso e a operatividade dun punto de auga moi estratéxico no Courel e de grande importancia para atallar os lumes activos.


Ademais, todos os axentes medioambientais da Dirección Xeral de Patrimonio Natural están en situación de garda e á disposición dos servizos provinciais de Prevención de Incendios Forestais. En concreto, as actuacións a desenvolver son a vixilancia de novos incendios, a supervisión de perímetros de lumes controlados ou labores de loxística.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A maiores, de xeito excepcional, aqueles axentes que teñan a formación e experiencia necesaria poden integrarse de maneira voluntaria na extinción de incendios. Neste caso a Consellería do Medio Rural encárgase de dotalos dos epis de seguridade e das emisoras de traballo coas frecuencias do operativo de extinción.


Por outra banda, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, compareceu onte para dar conta do avance na configuración das axudas que se aprobarán a semana que vén para facer fronte aos danos provocados polos lumes forestais, especialmente na provincia de Ourense.


Nesta liña, o titular do Executivo galego sinalou que en canto estean controlados os lumes, tocará cuantificar os danos para de inmediato resarcir aos damnificados para que recuperen todo o que perderon. Por iso, desde a Goberno galego convocarase un Consello extraordinario en Ourense para aprobar a configuración das axudas e solicitarase ao resto de Administracións, tanto locais como estatal, que se involucren na recuperación dos danos.


Rueda recalcou que os apoios dirixiranse aos afectados para paliar os danos que sufriron, e poderán estenderse entre outros a explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras; titulares de tecores; establecementos comerciais, industriais, turísticos ou deportivos; infraestruturas e para o arranxo das vivendas afectadas, ademais de axudar co aloxamento provisional ás persoas afectadas.


Despois de facer o balance da situación actual dos lumes, o presidente comunicou os medios incorporados polo Estado ao dispositivo nas últimas horas:

  • Arredor de 200 militares para prestar apoio ao traballo que efectúa a Garda Civil, así como outros 58 da operación centinela

  • 4 operadores de máquinas para traballar como cortalumes

  • 3 buldozers previstos para chegar onte

  • Distinto material de intendencia, como camións, autobuses e grupos electróxenos


Nesta liña, Rueda agradeceu o envío de medios por parte do Estado, pero incidiu que non son suficientes e que se precisan máis medios dispoñibles de inmediato e sen máis dilacións, especialmente maquinaria pesada e medios aéreos. Ademais, o titular do Executivo galego recalcou que que os únicos recursos que Galicia albergou estes días procedentes de Fondo de Solidariedade Europea foron dous hidroavións FOCA desde Francia e que agora mesmo non hai ningún outro medio procedente dun país europeo traballando na nosa comunidade.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Por outra banda, o presidente aproveitou para agradecer o esforzo e o traballo de todas as persoas que levan traballando sen descanso na extinción dos lumes.


En canto as comunicacións, o presidente indicou que nas vindeiras horas está previsto que se tome unha decisión sobre o restablecemento das conexións ferroviarias entre Galicia e a Meseta.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page