A Xunta recibe 6 ofertas para executar a mellora do firme en 3 estradas ao paso por Agolada e A Estrada
- ecosdacomarca

- hace 13 horas
- 1 Min. de lectura
No municipio de Deza trátase de actuacións na PO-840
Ecos da Comarca/Agolada
A Xunta recibe 6 ofertas para executar as obras de reforzo do firme nas estradas PO-841 e PO-213, ao paso polos concellos da Estrada, e na PO-840, no concello de Agolada, que suporán un investimento de máis de 3,6M€. A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas prevé adxudicar e iniciar as obras no primeiro semestre do 2026.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

As actuacións, cun prazo de execución de 12 meses, teñen como obxectivo a rehabilitación da capa de rodaxe para mellorar as condicións de circulación nos distintos treitos destas dúas estradas.
Publicidade
Na estrada PO-841, no municipio da Estrada, acondicionarase un treito de máis de 6,3 quilómetros, desde o punto 11+760 ata o 18+085, realizando accións puntuais nas rotondas ata o punto quilométrico 21+510. Na PO-213, intervirase en varios treitos ao longo de 15,3 quilómetros.
Publicidade
En relación á PO-840, ao seu paso polo concello de Agolada, rehablitarase a capa de rodaxe ao longo do treito de 9,8 quilómetros de lonxitude, entre os puntos 58+960 e ata o 68+766. Ademais da renovación do firme, repoñeranse marcas viarias lonxitudinais e transversais, e realizaranse traballos de conservación e limpeza da drenaxe actual.








Comentarios