top of page

A Xunta participa en Lalín na entrega de premios do certame de escaparates de Aldeas de Nadal

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Destaca o éxito desta iniciativa a prol do comercio local


Ecos da Comarca/Lalín

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na entrega de premios do primeiro concurso de escaparates de Aldeas de Nadal que o Concello de Lalín desenvolve en colaboración do Centro Comercial Aberto de Lalín e co apoio da Xunta de Galicia. As propostas gañadoras deste certame, que se desenvolveu entre o 13 de decembro e 5 de xaneiro, foron a da tenda María Pájaro coa historia O quebranoces e o Rei dos ratos e a de Fotografía Bernabé co conto de Pinocho, que acadaron o primeiro e o segundo premio respectivamente ao tratarse dos escaparates máis votados polos veciños e visitantes.


A tenda gañadora do primeiro premio recibe 500 euros e ademais Aldeas de Nadal faralle o escaparate do ano que vén e o segundo premio está dotado con 500 euros. Ademais, as propostas Teleseita, Clochett e El vestidor de Chloé recibiron mencións por ser as que sumaron máis puntos tras as gañadoras.  


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O director xeral puxo en valor o éxito desta iniciativa desenvolvida nas datas de Nadal, na que participaron 31 comercios de Lalín e que se complementou coa posta en valor de catro escaparates baleiros nos que se recrearon diferentes escenografías e estampas navideñas. A maiores, lembrou que ao tecido comercial participante se impartiu un curso gratuíto sobre escaparatismo artístico e sustentable e subliñou que este tipo de accións contribúen a estimular as vendas do comercio local.


No acto tamén estiveron representantes dos establecementos recoñecidos, a tenente alcalde, Paz Pérez; as concelleiras de Aldeas de Nadal, Karen Fernández e de Comercio, Beatriz Canda; a secretaria técnica da Asociación de Empresarios do Deza, Chus García e o director artístico das Aldeas de Nadal, Luchi Iglesias.

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page