top of page

Luz verde ambiental a unha planta de valorización de residuos da construción e demolición en Silleda

A actividade da futura instalación centrarase no triturado e clasificación dos materiais desbotados co fin de transformalos en áridos


Laura Moure/Silleda

A Xunta de Galicia acaba de dar luz verde ambiental ao proxecto para construír e explotar unha planta de valorización de residuos do sector da construción e demolición (RCD) para a produción de áridos no concello de Silleda (Pontevedra).

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Segundo conclúe o informe de impacto ambiental (IIA) emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia, non son previsibles efectos significativos na contorna derivados do proxecto sempre que se cumpra cos condicionantes fixados tanto no documento ambiental e na restante documentación analizada, como na propia resolución autonómica.


Neste sentido, o informe foi elaborado no marco do procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificada desta iniciativa empresarial, un trámite no que a documentación presentada polo promotor foi sometida a participación pública, sen que se recibise ningún escrito ou alegación ao respecto, ao tempo que foron consultados un total de nove organismos interesados.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Froito desas consultas, realizaron a valoración correspondente e estableceron condicionantes que se engaden aos incluídos no propio programa de vixilancia ambiental que recolle a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade.

Neste sentido, esas avaliacións consideran que o proxecto non vai ter impactos significativos nos distintos eidos analizados e que sería viable a súa posta en marcha sempre que se cumpra con certos condicionantes establecidos nos seus respectivos informes con relación a aspectos relacionados coa protección da atmosfera, coa xestión da auga e con outras cuestións.


Unha vez emitido o IIA, que non exime ao promotor da obriga de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente exixibles para poder desenvolver o proxecto, remitiuse a resolución ao órgano substantivo e agora dáselle publicidade a través do DOG e da páxina web da Consellería.


A instalación permitirá o tratamento de RCD mediante o seu triturado e clasificación para a produción de áridos reciclados aproveitando as instalacións existentes nunha explotación mineira no lugar de Vilar, en Silleda.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O proxecto, promovido por General de Hormigones SA -concesionaria da explotación Vilar nº 3127-, establece que a nova actividade non ocupará superficies adicionais, xa que se implantará aproveitando as instalacións existentes ao abeiro desa concesión.


A zona de valorización dos residuos da construción e demolición localizarase na área que se destina na actualidade á clasificación e triturado así como ao aprovisionamento dese tipo de materiais e almacenamento de áridos reciclados.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page