top of page

A Xunta licita as primeiras 30 obras de mellora en centros educativos para 2025 cun investimento de máis de 15 M€

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Entre eles figura o colexio de Agolada


Ecos da Comarca/Agolada

A Xunta vén de licitar as primeiras 30 obras de mellora en centros educativos para o ano 2024, cun importe de máis de 15 M€. A Consellería de Educación, Ciencia, universidades e FP xa ten contempladas nos Orzamentos 2025 estas actuacións, que se enmarcan no Plan de nova arquitectura pedagóxica, cuxo orzamento total o Goberno galego vén de elevar a preto de 500 M€. Das comarcas figura o colexio de Agolada.

O investimento inicial para o período 2025-28 é de máis de 267 M€, que se suma aos 230 M€ executados entre 2021 e 2024 con intervencións en practicamente todos os centros. Isto inclúe tanto a construción e a ampliación de centros, como rehabilitacións integrais, cambios de cuberta, actuacións de enerxías renovables e numerosas obras de mediana e pequena envergadura como instalación de ascensores ou renovación de aseos, entre outros.


As actuacións licitadas abranguen boa parte da xeografía galega. A de maior importe é o cambio de cuberta do CIFP Valentín Paz Andrade (case 2 M€, Vigo). Tamén se realizarán melloras ou cambios de cuberta nos colexios CEIP Plurilingüe de Sigüeiro (310.000 €, Oroso), CEIP Plurilingüe Xoán de Requeixo (456.000 €, Chantada), CEIP Plurilingüe Álvaro Cunqueiro Mora (463.000 €, Mondoñedo), CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso (633.000 €, A Pobra de Trives), CEIP Antonio Carpintero (515.000 €, Arbo) e CEIP de Coirón-Dena (214.000 €, Meaño). Tamén no Instituto IES A Pontepedriña (317.000 €, Santiago de Compostela), no Centro Integrado de FP Politécnico de Santiago (353.000 €) e no CIFP Porta da Auga (125.000 €, Ribadeo).


Publicidade  

Ademais, ampliarase o CEIP Plurilingüe de Arealonga (712.000 €, Vilagarcía de Arousa) e acometeranse rehabilitacións integrais nos colexios CEIP Pedro Barrié de la Maza (1,6 M€, Sada), CEIP Francisco Vales Villamarín (910.000 €, Betanzos), CEIP Plurilingüe A Igrexa-Calo (960.000€, Teo), CEIP Plurilingüe Poeta Avelino (908.000 €, Meira) e CEIP Plurilingüe de Agolada (632.000€). Tamén no Instituto IES Alfredo Brañas (Carballo, 1,8 M€).


Por outra banda, instalaranse ascensores para mellorar a accesibilidade dos colexios CEIP Fondo Nois (86.000 €, Foz), CEIP Virxe de Covadonga (77.000 €, Ourense), CEIP Carlos Casares (70.000€ , Xinzo de Limia), CEIP Plurilingüe de Sequelo-Marín (176.000 €), CEIP de Atín-Cela (89.000 €, Mos), CEIP Plurilingüe de Portonovo (248.000 €) e no Instituto IES O Carril (169.000 €, Vilagarcía de Arousa).


A maiores, licítanse a reforma do Museo Pedagóxico de Galicia (505.000 €, Santiago de Compostela) e da Escola de Vilaza no Colexio Rural Agrupado de Monterrei (147.000 €). Tamén se desenvolverán ampliacións e pequenas melloras nos colexios CEIP de Prácticas (130.000 €, Ourense) e no colexio CEIP Padre Crespo (363.000 €, Xunqueira de Ambía), a reforma interior e cambio de fiestras no CEIP Plurilingüe San Roque (169.000 €) e o patio multifuncional no CEIP Plurilingüe de Sestelo-Baión (673.000 €), estes dous últimos en Vilanova de Arousa.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Modelo pioneiro

A segunda fase do Plan de nova arquitectura pedagóxica consolida un investimento sen precedentes nun dos parques inmobiliarios máis grandes da Xunta de Galicia, o dos centros educativos, integrado por arredor de 1.600 edificios.


Ao mesmo tempo avánzase cara a un novo modelo de centros de ensino, pioneiro, con instalacións adaptadas ás necesidades do ensino do século XXI, máis flexibles, versátiles e cunha maior accesibilidade. Apóstase tamén por colexios e institutos máis respectuosos co medio ambiente desde o punto de vista do consumo enerxéticos e da súa integración na contorna.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page