A Xunta invertirá nos obradoiros de emprego de Rodeiro, Dozón, Agolada e Lalín
- ecosdacomarca

- hace 14 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, ofreceu este martes unha rolda de prensa no edificio administrativo da Xunta na que informou sobre a nova convocatoria dos obradoiros duais de emprego que a Xunta vén de resolver.

Neste sentido, o delegado destacou os 24 obradoiros duais que se levarán a cabo na
provincia de Pontevedra e que permitirán formar a preto de 480 persoas desempregadas.
Reguera numerou os distintos concellos que se beneficiarán desta iniciativa da Consellería
de Emprego, Comercio e Emigración na área territorial de Pontevedra, sendo Marín e Poio
na área de influencia do concello de Pontevedra; a Mancomunidade do Salnés, Vilagarcía
de Arousa, Cambados e Vilanova de Arousa na comarca do Salnés; Tui e A Guarda no
Baixo Miño; Rodeiro (en colaboración con Dozón e Agolada), A Estrada e Lalín na
comarca do Deza-Tabeirós; Caldas de Reis e Moraña (xunto a Valga e Portas) na comarca
de Caldas; e Ponteareas na comarca do Condado-Paradanta.
PUBLICIDADE
Cabe destacar que cada un destes obradoiros formará a 20 persoas desempregadas que
se repartirán en dúas especialidades distintas. A Xunta de Galicia destina un total de máis
de 454.000 euros para cada un destes obradoiros que contarán cunha duración de 9
meses, o que supón un investimento total de case 11 millóns de euros para toda a
provincia.
PUBLICIDADE
Reguera lembrou que estes obradoiros van moito máis aló da formación teórica e destacou
que todos os participantes realizarán un traballo efectivo que reverterá a favor do seu
concello.








Comentarios