A Xunta inicia os trámites para mellorar a seguridade do peregrino en 12 tramos do Camiño de Inverno
- ecosdacomarca

- hace 4 horas
- 1 Min. de lectura
Entre estes figuran traxectos por Rodeiro e Lalín
Ecos da Comarca/Deza
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte o anuncio de Turismo de Galicia polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado e construción dos 12 treitos comúns no Camiño de Inverno. En concreto, están treitos atópanse nos concellos de Carballeda de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Chantada, Rodeiro e Lalín.

Publicidade
A publicación desta resolución implica que as persoas que así o desexen poderán formular alegacións relativas á actuación, así como solicitar a revisión de posibles erros da relación de bens, dereitos e persoas propietarias afectadas polo proxecto. Para isto, deberán remitir un escrito á propia Xunta nun prazo de 30 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no DOG.
Publicidade
O proxecto de trazado dos treitos comúns no Camiño de Inverno enmárcase no proxecto de mellora da seguridade viaria dos peregrinos no Camiño de Santiago no horizonte do vindeiro Xacobeo 2027. Estas actuacións realizaranse en máis de 150 quilómetros dos nove Caminos de Santiago para afastar aos peregrinos das zonas perigosas de circulación e conta cun investimento de ata 40M€.








Comentarios