Este municipio na actualidade atende a 60 usuarios
Consistorio de Sobrado. Foto: Páxinas Galegas
Laura Moure/Sobrado dos Monxes
O delegado territorial da Xunta en A Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo esta mañana unha reunión de traballo co alcalde de Curtis, Javier Caínzos, durante a que informou do plan de reforzo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). O incremento das horas asignadas para a financiación do servizo, dirixido a persoas en situación de dependencia recoñecida, en máis dun millón de horas anuais está permitindo atender a todas as persoas que se encontran a espera da asignación efectiva do recurso.
Respecto á comarca de A Coruña, Gonzalo Trenor apunta que o plan de reforzo tradúcese nun incremento de máis de 390.000 horas anuais para os municipios de A Coruña, Aranga, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, Curtis, Mesía, Miño, Oleiros, Sada, Sobrado e Vilasantar. O incremento permitiu a estes concellos pasar ds 2.202.276 horas das que dispoñían ata o momento ás 2.593.452 horas coas que contan na actualidade. En total, estes 13 concellos atenden a 1.348 persoas e contarán con marxen para incrementar o servizo en 2021 se fora necesario.
No caso de Sobrado dos Monxes (municipio das catro comarcas que abarca Ecos da Comarca) a Xunta aumentou en 3.864 as horas do SAF ata superar as 35.160 horas anuais. Na actualidade, este municipio atende a 60 persoas a través de este servicio.
O representante da Xunta na Coruña destacou, así mesmo, que a Consellería de Política Social acaba de incrementar en 10 millóns de euros a inversión destinada ao SAF, que en 2021 ascenderá a un total de 83,6 millóns de euros.
Comentários