top of page

A Xunta incorpora o concello de Rodeiro ao programa Xantar na casa

Así xa catro os municipios de Deza que se benefician desta iniciativa, coa que se ofrecen menús semanais, sans e equilibrados a 65 persoas maiores da zona


Laura Moure/Rodeiro

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, asinou este luns un convenio co Concello de Rodeiro para a súa adhesión ao programa Xantar na casa. Durante o acto, a conselleira lembrou que a través desta iniciativa, impulsada pola Xunta de Galicia, levaranse menús semanais, sans e equilibrados aos fogares de dez persoas maiores deste municipio que viven soas.

Fabiola García destacou que coa incorporación de Rodeiro xa son catro os concellos da comarca do Deza que se benefician deste programa. Deste xeito, 65 persoas maiores dos concellos de Lalín, Silleda, Vila de Cruces e, agora, tamén Rodeiro, pódense beneficiar desta iniciativa. No conxunto de Galicia son xa 195 concellos diferentes e benefícianse máis de 1.800 persoas. O goberno galego destina un orzamento anual de 2 millóns de euros.

A conselleira apuntou que a Xunta conta cunha rede autonómica de servizos para permitir que as persoas maiores que así o desexen poidan vivir soas e recibir atencións e coidados na súa contorna. Neste sentido, referiuse ao Servizo de Axuda no Fogar, que achega coidados profesionais aos fogares de máis de 24.000 galegos; ou o autobús de Coidados porta a porta que leva servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria aos concellos galegos.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page