top of page

A Xunta impulsa o primeiro rexistro galego de persoas centenarias co que afrontar os retos da lonxevidade

Subliña que a comunidade presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire, 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando a media do Estado

Laura Moure/Xeral

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou onte que a posta en marcha por parte da Xunta do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta.

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego, acompañado da directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López, e da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, participou na presentación do Rexistro Galego de Persoas Centenarias, proxecto pioneiro en España.


O conselleiro incidiu en que, preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Tamén puxo en valor Gómez Caamaño que Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.


Sanidade preventiva e personalizada

Tal e como explicou o conselleiro, o Regace, ademais de ser un rexistro de datos e unha ferramenta estatística, alíñase coa Estratexia galega de saúde 2030 da Xunta, que aposta por unha sanidade cada vez máis preventiva, personalizada e baseada no coñecemento.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

O Regace proporcionará información epidemiolóxica e máis precisa relacionada coas persoas centenarias e identificará factores asociados ao envellecemento saudable para orientar mellor as actuacións preventivas, asistenciais e sociosanitarias. Xunto ao anterior, contribuirá a que os profesionais sanitarios dispoñan de máis información para ofrecer unha atención centrada nas características e circunstancias das persoas centenarias.


Os datos que ofrecerá o Regace -proseguiu Gómez Caamaño- serán fundamentais para planificar mellor os servizos sanitarios, personalizar a atención e orientar a investigación sobre a lonxevidade. O conselleiro rematou a súa intervención indicando que a Xunta publicará proximamente a orde que regulará o funcionamento do Regace.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page