A Xunta felicita o piloto silledense Christian Costoya tras a súa fichaxe por McLaren
- ecosdacomarca

- hace 27 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, Roberto García, recibiu onte en San Caetano o piloto silledense Christian Costoya, que vén de pechar a súa fichaxe pola escudería McLaren para competir en Fórmula 4.
PUBLICIDADE
Diego Calvo aproveitou a visita para felicitar tamén a Christian Costoya, de 15 anos, polo seu gran papel no recente campionato de F4 dos Emiratos Árabes Unidos, no que logrou a súa primeira vitoria na categoría.







Comentarios