top of page

A Xunta felicita a Ferreiro e a Anido, campións de Europa na categoría 3 de rallies históricos

A pasada fin de semana os melidenses gañaron o 17º Rallye Solo Escort de Cornellana


Ecos da Comarca/Melide

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, xunto co secretario xeral para o Deporte, Roberto García, recibiron o equipo galego Melide Motorsport, que se proclamou campión da categoría 3 (para vehículos matriculados entre 1976 e 1981) do Campionato de Europa FIA de Rallies Históricos.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Xesús Ferreiro e Xavier Anido, cun Ford Scort RS1.800 MKII, fixeron pleno de vitorias na categoría 3 nas seis probas do europeo que disputaron. Ademais, Anido subiu ao podio na clasificación xeral de copilotos.  Nesta temporada cambiarán o asfalto por terra.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Cabe mencionar que a pasada fin de semana os melidenses lograron un novo triunfo no Solo Escort de Cornellana (Asturias), impoñendose con autoridade na décimo sétima edición da proba a bordo do Ford Escort MKII.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page