top of page

A Xunta e a RAG incorporan 12 novos concellos, entre eles Dozón, á campaña ‘Toponimízate’

O proxecto conta xa con 4.000 colaboradores e téñense salvagardado 90.000 nomes de montes, leiras ou fontes desde que se puxo en marcha no ano 2019


Laura Moure/Dozón

A Xunta e a Real Academia Galega incorporan doce novos concellos das catro provincias galegas á nova edición da campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, que organizan conxuntamente e coa que “se salvagarda e divulga o importante patrimonio inmaterial que atesoura a toponimia galega”. Así o puxo en valor na súa presentación o secretario xeral da Lingua, Valentín García, quen salientou os “resultados máis que satisfactorios” deste proxecto, “ao contar con case 4.000 colaboradores e preto de 90.000 microtopónimos recuperados desde que se puxo en marcha en 2019”.


Neste senso, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude amosou o seu convencemento de que coa posta en marcha desta nova edición “se lle vai dar un relevante pulo ao incorporar máis persoas e entidades que de seguro se van sumar agora a este proxecto”. Para facelo, lembrou que a iniciativa inclúe a “innovadora aplicación” Galicia Nomeada, a través da cal  os colaboradores poden achegar nomes de lugares, montes, leiras, fontes, camiños, regos, ou devesas dos que teñan constancia “evitando que cheguen a perderse”.

Por estes motivos, destacou o traballo que está a desenvolver o Goberno galego na preservación “dunha das grandes riquezas da lingua galega” con esta campaña, á que erixiu como “referente” na colaboración entre as administracións públicas e a cidadanía para preservar o patrimonio inmaterial toponímico. “Coa incorporación nesta edición destes doce novos concellos seguro que o pulo a súa recuperación será maior”, aseverou o secretario xeral da Lingua, quen estivo acompañado na presentación polo presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, e o filólogo Vicente Feijoo, quen tamén se encarga de impartir as charlas nos concellos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Precisamente, a campaña Toponimízate efectuará 12 reunións de traballo para que a veciñanza destes doce municipios que se incorporan aprendan a empregar a aplicación Galicia Nomeada, que ten servido de modelo para outras comunidades. Estas charlas formativas comezarán o vindeiro 20 de xuño no municipio ourensán de Sandiás e prolongaranse ata o 14 de novembro, que será cando remate esta edición no municipio lucense de Baralla. Neste período, percorrerá as catro provincias con formacións en Baños de Molgas, Laxe, Chantada, Melón, A Estrada, Cervantes, Mondariz e Mondariz Balneario, Dozón e Val do Dubra.






Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page