top of page

A Xunta e a Federación Galega de Caza analizan medidas a desenvolver para a xestión do xabaril

Ángeles Vázquez insiste na importancia de artellar medidas de control para incrementar e facilitar os mecanismos necesarios para regular as poboacións desta especie


Ecos da Comarca/Xeral

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, analizou este xoves co presidente da Federación Galega de Caza, Luis Eusebio Fidalgo, as medidas a desenvolver para a xestión do xabaril. Durante o encontro, ao que tamén asistiron os presidentes provinciais da Federación, coincidiron na necesidade de levar a cabo accións para o control desta especie logo de que un estudio elaborado pola Xunta estimase en máis de 82.000 exemplares a poboación de xabarís na Comunidade.


Nese senso, a conselleira insistiu na importancia de artellar medidas de control co fin de incrementar e facilitar os mecanismos necesarios para regular as poboacións desta especie e reducir o posible impacto negativo que poida ocasionar sobre o medio ambiente e a agricultura, así como os efectos non desexados que poida ter sobre a sanidade animal, a saúde pública e a seguridade viaria.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Así, a conselleira lembroulles aos representantes da Federación Galega de Caza que ata o próximo 30 de xuño se axilizarán as autorizacións das medidas para o control e prevención de danos. No caso de días hábiles a solicitude deberá realizarse cunha antelación de 24 horas respecto á data na que se quere realizar a medida de control e de 48 horas se coincide cunha xornada inhábil

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Entre as medidas de reforzo autorizables nos próximos catro meses -un dos períodos no que se concentran os danos nos cultivos-, inclúense accións paliativas tras danos e preventivas, sempre que se axusten ao marco normativo vixente. En concreto, poderán autorizarse de inmediato batidas (con armas ou na modalidade disuasoria), esperas, desencame de xabarís con cans atrelados e outras accións excepcionais en determinado tipo de terreos como a instalación de gaiolas trampa. No caso concreto destas gaiolas, a conselleira puxo en valor o seu bo resultado en áreas urbanas e periurbanas.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page