top of page

A Xunta destina uns 228.000 euros a sufragar os gastos veterinarios de materias das ADSG de Deza-Tabeirós

O delegado territorial visitou as instalacións da ADSG Xundeva en Lalín, que recibiu unha achega total de 145.400 euros na última convocatoria


Laura Moure/Lalín

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou este venres a Agrupación de Defensa Sanitaria Ganadeira (ADSG) Xundeva, no concello de Lalín, con motivo das axudas da consellería de Medio Rural para estas agrupacións. 

Alí percorreu as instalacións da ADSG xunto aos seus responsables e interesouse por coñecer as principais necesidades e retos aos que están a facer fronte neste momento.

Cabe destacar que esta agrupación recibiu unha axuda de 145.400 euros na última convocatoria destas achegas, correspondente ao ano 2023, dos cales 4.000 corresponden á liña destinada a adquisición de material funxible, mentres que os 141.400 restantes serán destinados a sufragar os gastos do persoal veterinario. Na comarca do Deza-Tabeirós o investimento total da Xunta nesta convocatoria foi de preto de 228.000 euros. 


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

Reguera aproveitou a visita para agradecer o traballo incansable de todos os gandeiros galegos “que se esforzan cada día nun sector tan duro como este para ofrecer uns produtos de altísima calidade”. 


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

O delegado rematou a visita lembrando que “a finalidade última destas axudas é seguir mellorando o estado sanitario das explotacións gandeiras galegas con programas zoosanitarios comúns para a prevención e control de enfermidades”.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Estas medidas fomentan a consolidación das ADSG, entidades que facilitan o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, ao benestar e á sanidade animal. Mediante estas achegas, preténdese avanzar na integración de gandeiros nas ADSG, establecendo axudas proporcionais ao esforzo económico que realizan estas agrupacións nos devanditos programas. 


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page