O delegado territorial visitou a Cooperativa Gandeiros do Deza, que recibiu unha
achega de máis de 100.000 euros
Ecos da Comarca/Lalín
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou a Sociedade Cooperativa de Gandeiros do Deza, en Lalín, con motivo dunha axuda da Xunta de máis de 100.000 euros para a adquisición de maquinaria.

Trátase dunhas axudas coas que a Xunta busca apoiar o sector agrícola galego e que
destinaron máis de 800.000 euros para este fin na comarca do Deza-Tabeirós, dos cales
preto de 600.000 euros quedaron na cooperativas do concello de Lalín.
Publicidade
Acompañado polo alcalde de Lalín, José Crespo, e polo presidente da cooperativa,
Orlando González, o delegado territorial aproveitou a visita para coñecer as funcións da
Sociedade Cooperativa de Gandeiros do Deza, da cal se aproveitan varias decenas de
gandeiros e que nos últimos anos ten crecido tanto en socios como en servizos.
Publicidade
Reguera asegurou sentirse “impresionado co traballo que levan a cabo e coa cantidade de
maquinaria de última xeración coa que conta esta cooperativa, en parte, grazas ao apoio
da Xunta”.
Comments