top of page

A Xunta destina preto de 22 M€ en actuacións clave nos concellos das comarcas de Deza-Tabeirós

Mentres o BNG, considera que os orzamentos "esquecen a media comarca e se basean en promesas resesas e compromisos opacos"


Ecos da Comarca/Deza

A Xunta de Galicia vén de destinar preto de 22 M€ para a comarca do Deza-Tabeirós no proxecto de Orzamentos 2026, os máis 4.083 M que se investirán, en total, na provincia, segundo revelou esta semana o delegado territorial, Agustín Reguera. O delegado lembrou as “múltiples obras e iniciativas” levadas a cabo con éxito durante o presente exercicio e sinalou algunhas das principais actuacións previstas nestes orzamentos.


Entre os principais investimentos que se levarán a cabo na comarca, destaca na Estrada,

a continuación das obras da Autovía AG-59 que conta cunha achega de 10 M€ e que

suporá unha importante mellora da conectividade da zona, cun especial impacto neste

concello. Aínda na Estrada, a ampliación do parque empresaria de Toedo conta cunha

partida de 2,4 M de euros.


No caso de Lalín, a ampliación do parque empresarial Lalín 2000 conta cunha achega de

4,9 M de euros; as obras no IES Ramón Mª Aller Ulloa, que xa están licitadas, contarán

cun investimento este ano de 3,17 M de euros; ademais, a Xunta apostará por unha nova

base de helicópteros contra incendios.

ree

Sen embargo, a gran partida que contemplan os orzamentos deste ano 2026 en Lalín é a

destinada á nova Edar. En total, esta obra custará máis de 27,6 millóns de euros.


Pola súa banda, o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, destaca os orzamentos da Xunta nas comarcas do Deza-Tabeirós que contan para o ano 2026 cun orzamento de preto de 22 M€ para actuacións clave nestes concellos, como é a importante partida para a autovía AG- 59, así como a ampliación dos parques empresariais de Toedo e Lalín 2000. En Lalín, as obras no IES Ramón Mª Aller Ulloa, que xa están licitadas, contarán cun investimento este ano de 3,17 M€; ademais, a Xunta apostará por unha nova base de helicópteros contra incendios. A gran partida que contemplan os orzamentos deste ano 2026 en Lalín é a destinada á nova Edar. En total, esta obra custará máis de 27,6 millóns de euros. No concello de Silleda a Xunta investirá

500.000 euros para a dotación dunha pista de equitación nas instalacións da Fundación Semana Verde. Ademais, manterá a súa aposta polo impulso aos polos de emprendemento cunha achega aproximada para este concello de 130.000 euros.


Cabe destacar que, máis alá dos investimentos nomeados, os orzamentos do ano 2026 contemplan unha gran cantidade de pequenas actuacións, así como a prestación de servizos, como as axudas para o alugamento, os bonos e programas de transportes ou a gratuidade da educación dende os 0 anos ata a titulación universitaria.


Luís López indicou que todas estas actuacións reflicten o compromiso da Xunta cos galegos e as galegas e a necesidade de seguir apostando por sectores especialmente sensibles como a comunicación, o coidado do medio ambiente, a sanidade ou a educación. “A premisa é mellorar a calidade de vidas dos nosos cidadáns e a Xunta está enfocada niso, poñendo todo o seu esforzo na procura do seu benestar. Proba diso

son estes magníficos orzamentos que, estou seguro, permitirán mellorar o día a día de millares de veciños do Deza-Tabeirós”, finalizou o presidente provincial.


Provincia de Pontevedra

Na mesma liña, o presidente provincial detallou que “onte coñecemos os orzamentos da Xunta para a nosa provincia que este ano superan os 4.083 M€, dos cales 149 M€ son para vivenda, 135 M€ para políticas sociais, 127 M€ para auga, saneamento e depuradoras, 62 M€ para mobilidade, 55M€ para infraestruturas e dotacións sanitarias, 18M€ para centros educativos, 11M€ para parques empresariais e 5M€ para investimentos culturais”, entre outros.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Mentres o BNG, considera que os orzamentos "esquecen a media comarca e se basean en promesas resesas e compromisos opacos". Dende o grupo nacionalista acusan ao goberno da Xunta de Galiza de non ter proxecto para o Deza-Tabeirós e Terra de Montes, "coa ausencia de compromisos de investimentos reais para a maioría dos concellos da comarca, centrándose en vellas promesas e sen apenas gasto social, deixando as necesidades máis importantes da veciñanza sen un reforzo orzamentario claro".


"Non se disimula xa á hora de utilizar os orzamentos coma se fose o diñeiro para usos partidistas do PP, no canto de ser diñeiro de todas e todos os galegos” aclaran dende o BNG da comarca do Deza-Tabeirós e Terra de Montes, acusando ao goberno da Xunta de trasladar uns orzamentos “nada transparentes e con moi poucas contías específicas para a nosa comarca, inmersa nunha crise demográfica da que, polo visto, o goberno do PP non quere rescatarnos”. Xoán Blanco lembra que a maior parte das promesas que se nos trasladaron nos orzamentos para 2026 son vellas, mencionando a ampliación do polígono Lalín 2000 ou a base aérea dese mesmo concello, ao igual que no caso da Estrada, co polígono de Toedo. 


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"Hai concellos que quedan sen absolutamente ningunha partida orzamentaria para investimentos reais, concellos nos que dende o BNG cremos que hai que facer énfase, sobre todo despois de repetir por activa e por pasiva que esta é a lexislatura do rural” engade a deputada nacionalista Ariadna Fernández, que reclama atención para a cidadanía con investimento social, nunha comarca que segundo a nacionalista, está inmersa nunha falla absoluta de servizos de conciliación adaptados á nosa realidade, de prazas de residencia e centros de día públicos e de financiamento abondo para levar a cabo servizos tan importantes coma os do SAF. Insiste en que quedan fóra de todo compromiso “Rodeiro, Agolada, Dozón, Forcarei, Silleda  ou Vila de Cruces, a metade da comarca do Deza, ao igual que Forcarei, que son os grandes esquecidos ano tras ano. Haberá que agardar a ver se lles toca algo na pedrea”.


Lembran así mesmo, que “non se nos nota nada que teñamos dous conselleiros na comarca, nin no caso de Román Rodríguez, cunha Consellería de Educación na que a comarca está desaparecida, nin no caso de José López, onde Cultura e Patrimonio nos deixan abandonados malia as mestas reclamacións feitas durante este ano en ámbolos dous casos”. Dende o BNG emendarán os orzamentos, tratando de facer ver as realidades da comarca e de cada unha das localidades, agardando unha vez máis que o PP pense máis nos veciños e veciñas e menos en cuestión de partido e dos seus amigos, chegando cos cartos de todos e todas a cada un dos galegos e galegas que dependen a diario dos orzamentos da Xunta de Galiza.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page