A Xunta destina máis de 250.000 € ás obras de mellora da residencia de maiores As Dores, en Lalín
- ecosdacomarca

- hace 13 minutos
- 2 Min. de lectura
O Goberno galego financiará tamén a segunda fase dos traballos de accesibilidade e eficiencia enerxética que se están a realizar na infraestrutura
Ecos da Comarca/Lalín
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, anunciou onte que a Xunta continuará co seu apoio ás reformas de mellora que se están a realizar na residencia de maiores As Dores. Fíxoo durante unha visita a este centro de iniciativa social, no que a Administración autonómica ten a disposición das familia de Lalín e comarca medio cento de prazas sustentadas con fondos públicos.

Antón Acevedo sinalou que a Xunta destinará 123.000 euros da última convocatoria de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF a unha segunda fase dos traballos de mellora deste equipamento. Este investimento permitirá seguir adiante coas obras de mellora de accesibilidade e de eficiencia enerxética para que as persoas residentes gañen en comodidade, en especial, aquelas con mobilidade reducida.
Esta subvención súmase a outra de aproximadamente 130.000 euros concedida para a primeira fase dos traballos coa anterior orde de achegas do 0,7% do IRPF, polo que en total a Xunta leva investidos máis de 250.000 euros nesta intervención.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Ademais o director xeral sinalou a importancia dos programas de estimulación cognitiva que se desenvolven na residencia co apoio da Xunta, os cales repercuten moi positivamente no benestar físico e emocional dos residentes.
Publicidade
O director xeral recalcou que o Goberno galego seguirá apoiando a mellora tanto das infraestruturas como da atención que se presta na rede de centros residenciais da comunidade.
Publicidade
Por outra parte, Antón Acevedo denunciou que o Goberno central, coa publicación do recurso hoxe no Boletín Oficial do Estado (BOE), vén de paralizar o Plan de Choque da dependencia e da discapacidade da Xunta por un afán puramente recadatorio. Así, explicou que coas máis de 12.500 homologacións automáticas da discapacidade realizadas pola Xunta o pasado ano, o Executivo central deixou de recibir 114 M€, causando un importante dano a todos os galegos.








Comentarios