A Xunta destina máis de 150.000 euros á residencia de maiores As Dores de Lalín
- ecosdacomarca
- 18 dic 2024
- 1 Min. de lectura
Será para a a execución de obras de mellora e o impulso de novos programas
Ecos da Comarca/Lalín

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou este martes as obras que se están levando a cabo na residencia de maiores As Dores de Lalín e os programas de atención que realizan cos usuarios. Estas actuacións contan este ano cunha axuda da Xunta de preto de 150.000 euros con cargo ao 0,7 % do IRPF.
Publicidade

En concreto, as obras están encamiñadas a mellorar a accesibilidade da infraestructura, melloras na salubridade e eficiencia enerxética co obxectivo de acadar un maior confort térmico para os usuarios. A entidade social Acolle Galicia, encargada da xestión do centro, destina 130.000 euros das achegas da Xunta de Galicia a executar estas reformas nas instalacións de Lalín.
Publicidade
Ademais, o Executivo galego aporta unha achega de máis de 20.000 euros o programa Estimulación Cognitiva a través da música. Estes programas son clave para previr as demencias e fomentar o envellecemento activo. Neste sentido, o director xeral recalcou que a Xunta de Galicia seguirá apoiando todas as iniciativas que supoñan unha mellora na calidade de vida dos maiores.
Comments