top of page

A Xunta destaca no polígono lalinense de Botos o auxe da construción en madeira

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visitou a carpintería JAR Novoa


Ecos da Comarca/Lalín

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, destacou onte que o auxe da madeira na construción está a favorecer que cada vez sexan máis as empresas galegas dedicadas ao deseño e fabricación de mobiliario que traballan no canal contract.

Fernández Ríos visitou onte no polígono industrial de Botos, en Lalín (Pontevedra), a carpintería JAR Novoa, especializada na fabricación de mobles e interiorismo que, ademais do mercado particular, está tamén enfocada ao sector contract con proxectos a nivel internacional en países como Portugal, Francia ou Reino Unido.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Segundo apuntou, é unha das empresas beneficiarias das axudas da Xera para a adquisición de maquinaria; uns apoios cos que incorporou un centro de control numérico e un equipo de encolado, que lle permitiron incrementar a súa capacidade produtiva, reducir custos e mellorar a calidade e os acabados dos seus produtos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

O director da Axencia Galega da Industria Forestal aproveitou a visita para lembrar que esta liña de axudas, Xera-valor, cun orzamento de 4,5 millóns de euros, aínda está aberta ata o 13 de marzo, con apoios específicos para as empresas da carpintería e do contract dedicadas á fabricación de mobiliario e de elementos para a construción en madeira.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page