top of page

A Xunta convoca axudas para instalar valados fixos cos que previr os ataques do lobo en 2026

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de hoxe, día 6

Ecos da Comarca/Xeral

A Xunta destina 400.000 euros a axudas para previr os ataques do lobo ao sector gandeiro en 2026 mediante a instalación de valados fixos, tal e como publicou onte o Diario Oficial de Galicia (DOG). Nese senso, as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA) de Galicia, poderán solicitar axudas para a instalación de valados fixos nas súas propiedades.


O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a contar a partir de hoxe, martes, 6 de xaneiro, e o importe máximo da axuda será de 3,5 euros por metro lineal ata un máximo de 1.750 euros por valado fixo electrificado. No caso dos valados fixos con malla gandeira ou cinexética metálica, o importe máximo da achega será de 4,5 euros por metro lineal, ata un máximo de 4.500 euros por explotación.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Estas axudas específicas para o lobo engádense a outras dúas ordes xa publicadas o mes pasado que tamén teñen como fin de previr de distintos xeitos os danos que provoca esta especie, así como do oso e do xabaril, no sector agrogandeiro galego.


En concreto, o 16 de decembro o DOG publicou a orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre no ano 2026 na que se inclúe un orzamento de 325.000 euros para medidas fronte ao lobo (adquisición e mantemento de cans protectores e defensores do gando, pastores eléctricos e cerrumes móbiles de malla electrificada).

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Ese mesmo día tamén se publicou a orde de axudas para contratar persoas coidadoras de gando, unha liña que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convocou por primeira vez no ano 2023 e a través da cal os gandeiros poden acceder a unha subvención de ata 16.500 euros e solicitar o pago dun anticipo de ata o 50% do importe concedido. O orzamento total desta convocatoria en 2026 ascende a 567.750 euros.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page