top of page

A Xunta construirá 17 vivendas públicas en Lalín en solo cedido polo Concello

Ecos da Comarca/Lalín

O Consello da Xunta deu onte luz verde ao acordo de cesión gratuíta de solo por parte dos concellos de Lalín, A Estrada e Teo, que permitirá á Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) construír 71 novas vivendas de promoción pública nestes municipios.

En concreto, a Administración autonómica acada unha parcela de 1.451 metros cadrados no concello da Estrada, concretamente na avenida de Vigo, en que prevé construír 28 novas vivendas. Ademais, en Lalín o Concello cede unha parcela na rolda Leste-Agro de Lalín de Arriba, de 641 metros cadrados, na cal se prevén crear 17 vivendas de promoción pública. E en Teo, a Xunta acada unha parcela cedida polo concello na rúa Cernadelo, na zona das Galanas-Calo, de 1.985 metros cadrados, na cal se construirán 26 vivendas públicas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Unha vez que se asinen as escrituras públicas de cesión entre os concellos e Vipugal, a Xunta asumirá a titularidade destas parcelas e iniciará o proceso de licitación dos proxectos para a construción das vivendas. O Goberno galego segue a incrementar o parque público residencial co obxectivo de duplicalo nesta lexislatura e acadar así 4.000 novas vivendas.


Neste momento, xa ten en marcha máis de 2.200 vivendas nas cidades de Vigo, Pontevedra, A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo ou Ferrol. Ademais, a Xunta tamén ten en marcha a primeira fase da Estratexia Galega de Solo Residencial con que busca, en colaboración cos concellos, facilitar solo destinado á construción de 25.000 vivendas, 20.000 protexidas e 5.000 libres.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Na actualidade, a Xunta avanza na adxudicación da redacción dos proxectos de interese autonómico (PIA) para desenvolver os primeiros ámbitos en sete concellos (Vigo, Pontevedra, A Coruña, Santiago, Arteixo, Lugo e Ourense) nos cales se prevén máis de 15.000 vivendas, a maioría protexidas.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page