top of page

A Xunta concéndelle preto de 300.000 euros ao hostal Carpinteiras de Rodeiro para a mellora enerxética

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou as obras e destacou a importancia de manter un secto turístico de excelencia


Laura Moure/Rodeiro

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou este mércores as instalacións do Hostal Carpinteiras, en Rodeiro, que foi un dos beneficiarios das axudas para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas da Xunta. En concreto, o Hostal Carpinteiras recibiu unha achega de preto de 300.000 euros que lle permitirá reformar as fachadas e as fiestras para mellorar o illamento dos espazos interiores e instalar un novo sistema de aerotermia, algo que esperan que resulte nunha

diminución do gasto eléctrico e nun abaratamento dos custes fixos do establecemento.

O delegado territorial destacou a importancia de tender as necesidades dos empresarios turísticos que “teñen demostrado ser un sector clave para Galicia e que ademais axudan a

mellorar, co seu traballo e dedicación, a imaxe de excelencia da que gozan todos os

servizos e produtos galegos”.


Cabe destacar que, neste ano 2025, ata 22 empresas turísticas da provincia de Pontevedra se beneficiaron desta liña de axudas. En total, Turismo de Galicia destinou

preto de 2,2 millóns de euros a financiar a mellora da eficiencia enerxética das empresas

turísticas da provincia.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Semana Santa

Cara a Semana Santa, Galicia continua a mellorar os seus datos de ocupación. As reservas e contratación de voos medraron un 28% con respecto ao ano pasado. Ademais

o tráfico internacional aumenta en case un 90% os billetes emitidos.


Mesmo así, o turismo nacional segue sendo o principal mercado,. Sendo que Madrid e Barcelona son os dous principais puntos dos voos a Galicia supoñendo o 49% das prazas

ofertadas, pero tamén destacan as conexión coas Illas -Canarias e Baleares- e cidades como Málaga, Sevilla, Alacante e Valencia. Fóra de España as principais conexións teñen como lugares de orixe Londres, Xenebra, Dublín e París.


A estas boas expectativas hai que engadir a chegada de peregrinos que acostuman a elixir estas datas para facer o Camiño. En 2024, 12.911 persoas realizaron o Camiño durante a Semana Santa, que coincidiu no mes de marzo. E este ano, o ritmo de crecemento de peregrinos está a ser superior ao 20% ata o de agora.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page