top of page

A Xunta concédelle á AEDEZA o oitavo Programa Integrado de Emprego para formar a 100 usuarios/as

A asociación iniciará en breve a busca das persoas desempregadas seleccionables


Laura Moure/Deza

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia vén de conceder á Asociación de Empresari@s de Deza (AEDEZA) o oitavo Programa Integrado de Emprego consecutivo para formar a un total de 100 persoas usuarias no que resta de 2025 e no exercicio de 2026, cun obxectivo mínimo de inserción laboral do 45%. Ao igual que en anteriores edicións, os colectivos destinatarios do programa son persoas desempregadas con discapacidade; persoas desempregadas en risco de exclusión social e personas beneficiarias do tramo de inserción da renda da RISGA; persoas desempregadas maiores de 52 anos; persoas desempregadas menores de 30 anos; persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI); mulleres desempregadas, e outras persoas desempregadas non incluídas nos grupos anteriores.

ree

O itinerario formativo previsto neste Programa Integrado de Emprego 2025/2026 está estruturado en catro bloques: accións individuais, formación sectorial, formación en sectores estratéxicos na zona -coa colaboración das empresas Inasus e Metaldeza- e outra formación complementaria.


Ás persoas que resulten seleccionadas, este Programa Integrado de Emprego ofrécelles a posibilidade de realizar prácticas profesionais en empresas, medidas de conciliación, unha bolsa de asistencia diaria de 10 euros e tamén pon á súa disposición a aula dixital da AEDEZA.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O financiamento do Programa Integrado de Emprego da Asociación de Empresari@s de Deza 2025/2026 farase con cargo aos créditos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 e fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page