A Xunta concede 294 axudas á mocidade para a adquisión de vivenda en concellos galegos
- ecosdacomarca
- hace 17 horas
- 3 Min. de lectura
Das comarcas, Melide foi un dos concellos onde máis se outorgaron seguido de Monterroso e Palas de Rei
Ecos da Comarca/Xeral
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou este luns que o Goberno galego concedeu 294 axudas á mocidade para a adquisición de vivenda no rural por un importe global de 2.296.319 euros, practicamente a totalidade do crédito dispoñible na convocatoria lanzada en xaneiro deste ano por un orzamento total de 2,3 M€.
O Executivo galego avaliou onte o informe do balance provisional da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas das axudas outorgadas aos mozos e mozas menores de 36 anos para a adquisición da súa primeira vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes, que está a ter unha moi boa acollida entre a mocidade. Con estas axudas, o presidente sinala que o obxectivo é “facilitar o acceso á vivenda” da mocidade que quere iniciar o seu proxecto vital no rural, ofrecendo apoio económico directo para acceder á súa primeira vivenda.

Deste xeito, Rueda salientou que a través da convocatoria deste ano tense xa favorecido a adquisición de 294 vivendas en Galicia, das que 136 están localizadas na provincia da Coruña, 51 en Pontevedra, 49 en Ourense, e 58 en Lugo. Estes fogares distribúense en 118 concellos, con maior incidencia nos da provincia da Coruña, pero tamén cun peso significativo no resto das provincias. Así, ademais dos 48 concellos na provincia da Coruña, as achegas permitiron a adquisición de vivendas en 27 concellos de Lugo, 23 de Pontevedra e 20 de Ourense.
Segundo as solicitudes presentadas, os municipios onde máis axudas se outorgaron sitúanse en Xinzo de Limia e Chantada, con 15 e 11, respectivamente; seguidos dos de Ares e Melide, con 10 en cada un dos mesmos. A estes municipios que se viron favorecidos pola adquisición de vivenda por parte da mocidade galega, séguenlle Curtis (8), San Sadurniño (8), Santa Comba (6), ou xa con 5 cada un, os concellos da Cañiza, Cee, Celanova, Monterroso, Palas de Rei Salceda de Caselas e Trazo.
PUBLICIDADE
Próxima ampliación da convocatoria
Tal e como sinalou o presidente, a elevada demanda fai necesario “aumentar a cantidade que destinamos” a estas axudas con ata 600.000 euros, que se prevé activar nas vindeiras semanas. A Xunta terá en conta os expedientes de solicitude rexistrados na vixente convocatoria, cuxo prazo de solicitude rematará o vindeiro 15 de outubro. En relación a estas axudas a mozos e mozas para a adquisición da súa primeira vivenda, o titular do Executivo galego destacou que a contía máxima da achega pode acadar ata 10.800 € por vivenda.
Rueda destaca que a Xunta reafirma así o seu compromiso co dereito á vivenda e coa dinamización do rural e a fixación da poboación, sendo capaces de anticiparse no cumprimento dos obxectivos e garantindo a continuidade e ampliación desta liña de apoio ao acceso á primeira vivenda a mocidade galega en pequenos concellos. Así o avala o feito de que entre 2021 e 2025, a Xunta leve xa concedidas 1.321 axudas por un importe de preto de 8,4 M€.
PUBLICIDADE
Desde o Goberno galego, tense que lamentar "o retraso que leva o Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana na elaboración do novo plan estatal, que pon en perigo a súa execución e compromete os prazos das convocatorias por parte das comunidades e poñendo así en risco a chegada de axudas. Galicia advertiu xa en varias cartas á ministra que o retraso na aprobación do futuro plan acarrearía consecuencias para todas as CCAA". Desde a Xunta de Galicia solicítase máis compromiso e menos anuncios “millonarios”.
Comentarios