top of page

A Xunta coloca a estrutura da primeira ponte elevada do Camiño de Santiago para salvar a N-525 en Lalín

A actuación complementa os traballos que está levando a cabo Turismo de Galicia para mellorar a seguridade viaria dos peregrinos


Laura Moure/Lalín

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este martes ao levantamento e instalación da estrutura metálica da ponte elevada de Bendoiro, en Lalín, co que esta infraestrutura da Vía da Prata-Camiño Mozárabe entra na súa recta final. Trátase da primeira ponte elevada construída no Camiño de Santiago co obxectivo de blindar a seguridade viaria dos peregrinos, un dos obxectivos da Xunta de Galicia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A ponte elevada de Bendoiro sobre a N-525 conta cun investimento de Turismo de Galicia de máis de 355.000€ e complementa a outras medidas neste sentido como o Plan de mellora da seguridade viaria do Camiño, no que a Xunta está a investir 40M€. A actuación avanza a bo ritmo e está previsto que a partir de finais de setembro os traballos estean rematados e a ponte poida ser empregada polos peregrinos deste itinerario xacobeo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A Xunta avanza así na mellora dos servizos para os peregrinos en todas as rutas xacobeas de xeito diversificado nun momento de gran vitalidade do Camiño de Santiago que medra un 6% en número de peregrinos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

No que se refire á Vía da Prata-Camiño Mozárabe, no que vai de ano foi transitada por máis de 6.000 peregrinos que recolleron a Compostela, o 44% deles estranxeiros, especialmente de Portugal e Italia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page